Ads 468x60px

Labels

jueves, 17 de octubre de 2024

                             PERÚ E COLOMBIA 2023







Salgo de Vigo a finais de Novembro do ano 2023 con destino a Lima coa necesaria parada en Madrid para cambiar o avión. Esta vai ser unha viaxe diferente, que requeriu pola miña parte unha preparación física previa para afrontar os retos que me vai supoñer enfrentarme a alturas de 4000 a 5000 m ás que o meu corpo non está afeito e para as que non teño datos nin memoria que me permita supoñer como vai ser a miña adaptación á altura. Ademais supón tamén a compra de material específico para afrontalo: Calzado para a alta montaña,  e capa e pantalón impermeables.

A viaxe está organizada tamén de xeito que o meu corpo poida adaptarse pouco a pouco ao aumento de altitude. Empezarei por Lima, para seguir a costa pacífica hacia o Sur, Primeiro  Paracas e as Illas Ballestas, logo a Nasca, mais tarde a Arequipa que xa se eleva a 2.300m, seguirei ao val do Colca que xa está a mais de 3.000 m pasando por zonas de 4.000m, para chegar ao Lago Titicaca a 3.800m logo pasarei uns días en Cusco a 3.400m, baixarei ao Machu Picchu a 2.400m e ata a fin da viaxe en Huaraz non voltarei a estar a mais de 3.000m.





                                         LIMA



A chegada a Lima resultou un pouco caótica. O avión de Madrid  chega moi cedo e a esa hora , 6 da mañán, non hai buses que leven aos pasaxeiros á cidade. Así que despois de dar unhas voltas, preguntar en varios sitios, chego á conclusión de que será mellor pagar un taxi que me leve ao hostal que teño contratado e non esperar tres horas tirado no aeroporto. Á chegada ao hostal, me permiten deixar a maleta pero non teño a miña habitación ata o mediodía. Así que decido irme a almorzar nas cercanías, que é o barrio de Miraflores, o mais pijo de Lima e no que o metro cuadrado de terreo costa tanto como en Madrid. E tendo en conta a diferencia de renta media dos dous países dá unha idea da diferencia de clases no Perú.

Pois iso, un almorzo, buscar un lugar onde me vendan unha SIM que me permita navegar pola rede durante a miña viaxe e observar a paisaxe e a paisanaxe deste barrio aberto ao Pacífico, agradable de pasear e cuberto todo o tempo dunha neboa que humedece o ambente e que din que é unha característica desta cidade.




Pola tarde decidín irme ao que din que é o barrio máis bohemio de Lima, Barranco, que como días máis tarde descubriría ten un ambiente xoven bastante agradable , pero que a primeras horas da tarde estaba morto, coa maior parte dos locales pechados e moi pouca xente circulando. Con todo resulta un barrio agradable.










O día seguinte pola mañán busco as liñas de autobús urbano que me acerque á zona histórica de Lima. Resulta mais dificil do esperado, xa que algunhas delas requiren dun pase previamente pagado que eu non teño e que resolvo pagándolle a un paisano amable o precio do ticket para que el pase o seu carnet polo lector.
A zona vella da cidade podería ser moi interesante pero está moi descoidada polas autoridades. Unha praza de armas fermosa e unha zona aledaña con edificios preciosos pero descoidados e un par de igrexas con moi boa pinta pero valadas e en obras... O peor, a sensación de abandono do sector con moitos edificios desocupados  e suxos .










Decido irme de alí en busca dun par de museos que están bastante lonxe e que me obrigan a coller taxi destartalado
que me evite cambiar varias veces de liña de autobús.
A miña primeira parada lévame ao museo Larco. Un museo privado con unhas instalacións fermosas e coidadas e cunha colección de cerámica prehispánica moi interesante.








De aquí decido irme andando hacia o museo nacional de arqueoloxía para irme facendo unha imaxe dos pobos que sucesivamente foron poboando e dominando culturalmente e politicamente esta parte do mundo.
Despois de comer nun restaurante local un prato de marisco e peixe de calidade un pouco dubidosa pero de tamaño enorme, chego ao museo. Unha enorme decepción, xa que as salas que me interesan: as dos pobos prehispánicos están en reformas e pechados ao publico. Qúedame o consuelo de que ao lado aínda queda un vestixio da Lima antigua: El Pueblo Libre.
Desde alí decido volver andando hacia o meu hotel para ir coñecendo un pouco mais outros barrios da cidade. Un paseo agradable de 9Km pasando por barrios de casas unifamiliares bastante agradables e zonas un pouco mais caóticas de casas baratas e en bastante mal estado...
Un baño, un pouco de descanso, unha cea cara, pero rica e á cama, xa que ao día seguinte toca coller un autobús que me leve ao meu seguinte destino.


                 PARACAS E ILLAS BALLESTAS

O meu primeiro contacto cos autobuses Peruanos resulta ser bastante bo. Asentos amplos e cómodos con carga para o mobil, novos e rápidos.
A estación de bus de Paracas, queda bastante lonxe do centro do pobo, pero decido ir andando para mover as pernas un pouco, anquilosadas polas horas de autobús.
O hostal, onde vou durmir esta limpo e a habitacion é ampla.
Contrato desde o hotel unha excursión en Bugy ao espacio protexido de Paracas, que consiste nun paseo por este paraxe semidesértico, interesante e estraño...














Despois de asearme saio a cear ao paseo marítimo, de Paracas, cheo de restaurantes de peixe con precios casi españois. A experiencia non me resulta moi agradable, xa que é dia de semana e non hai clientes para a cea, o que supón que os restaurantes case se pelexan por min...
A cea é rica pero como dixen u pouco cara se penso no salario medio dun peruano. Pero como xa me irei dando conta durante a viaxe, as diferencias sociais neste pais fan que haia un sector da poboación con un nivel de renta como en España, xa que estes non son locales destinados ao turista estranxeiro , senón ao turismo local de fin de semana.
Como o bus que ao día seguinte me vai levar a Nazca sae pola tarde- noite, adicarei a mañán a facer unha excursión á reserva natural das Illas Ballestas, que están situadas enfronte de Paracas.
Nada mais saír co barco, pasamos polo candelabro, unhas misteriosas liñas feitas na montaña e que está emparentada coas liñas de Nazca, aínda que esta é bastante mais antiga.







Mais tarde pasamos por bastantes barcos de pesca coas redes cheas, que atestiguan a riqueza faunística desta zona do mundo alimentada pola corrente de Humbold que trae augas frías e cheas de vida desde o polo sur ata as costas de Chile e Perú e que permiten o estabelecemento de colonias permanentes de pinguíns e lobos mariños.













NAZCA

    Nazca, o Nasca, como o chaman e escreben os paisanos é unha cidade poirenta, sen nada que ofrecer aos visitantes mais que as promesas das súas marabillas culturais e arqueolóxicas.
Primeiro problema: como moverse pola cidade? Polo centro non hai problema, salvo polo xa dito da súa falta de interese. Pero hacia as aforas? Despois de intentar parar a uns cantos taxis, pregúntolle a un paisano que me explica que levante a man, que calquera automobil pode levarte por un precio pactado sin que ninguen se enfade. Así chego aos acueductos de Cantalloc, unha marabilla da inxeniería prehispánica para traer agua a esta terra desértica desde as montañas dos arredores canalizando as augas subterraneas e facéndoas aflorar para regar as terras e dar de beber á poboación.

















Pola tarde saio a cear polo centro da cidade e para contratar as dúas excursións que teño na cabeza. 
A mañán seguinte irei a sobrevoar en avioneta as liñas de Nasca...












Ao día seguinte será o meu último aqui e vou a coñecer unhas ruínas prehispánicas que tiña moita curiosidade por ver, a cidade ceremonial de Cahuachi. Trátase dunha cidade tan importante no seu tempo que a pesares de ser enorme, aínda queda un oitenta por cento por excavar, e da que dín que é a razón das liñas xeométricas que enchen o deserto e que virían ser segundo os arqueólogos unhas liñas señalizadoras para chegar a este sitio. Da súa importancia dan fe os achádegos de ofrendas vidas de todas partes do actual Perú e Bolivia de sitios tan remotos como a selva...








A tardiña unha ducha, cea rápida e autobús nocturno que nunhas 7 horas me vai deixar no meu seguinte destino.



                                       AREQUIPA












































































 








0 comentarios: