A miña música bebe de moitas fontes : o rock, o folk o blues e sobre todo o
pop, para conformar unha música ecléctica na que teñen gran importancia as
letras, escritas sempre en galego.
No 2007 publico a miña primeira maqueta ( PINGAS),na que grabo de
xeito artesanal once temas de Pop en galego.
A partir
desta publicación entro en contacto con Agustín Moreira. Desta unión xurdirá a
necesidade de levar eses temas ao directo e nace CARLOS SALGUEIRO E OS
ENGADIDOS
Deste grupo formarán parte: Agustín Moreira ( batería),Miguel Guerra
(baixo),David Paz (guitarra),Ana Angueira e Jacobo Louzán (voces) e Carlos
Salgueiro(voz solista e guitarra).
Con esta formación
durante os anos 2010 e 2011 actuamos en diversas salas de Galicia.
No ano 2012
inicio a gravación do meu primeiro traballo de estudio U.N. ao que dedico os
primeiros seis meses do ano.
Este traballo foi gravado e masterizado en LOURIZÁN
RECORDS por Carlos Orcajo asistido por
Mauricio del Solar. Na gravación participaron:
Miguel
Gonzalez( batería ), Plácido Montenegro( guitarra ), Javier Nieves( baixo ),Ana
Angueira,Jacobo Louzán, María Salgueiro e Helena Pahíno (coros).
O 15 de
Marzo deste ano presentei en directo en SALASÓN ( Cangas ) este traballo, así
como o meu 1º videoclip ( ESPERÁNDOTE).
Para as
presentacións en directo conto cunha nova formación, na
que ademais das voces de Ana Angueira e Jacobo Louzán,e a batería de Agustín
Moreira incorpóranse ao grupo a guitarra de Angel Otero e o baixo de Alfredo
Couceiro.
0 comentarios:
Publicar un comentario