A miña ruta sigue hacia o norte en busca de outra das atraccións turísticas da illa, "Chocolate hills".
Cruzo ríos e pequenos pobos rodeados dos omnipresentes arrozais, e despois dunha parada para xantar e descansar algo da moto, chego ao mirador dos Outeiros de chocolate, que resulta ser un negocio privado de alto rendemento económico, como atestigua a cantidade de xente que se concentra no lugar.
O sitio e as vistas son espectaculares e conpensan o meu disgusto pola excesiva mercantilización do lugar.
Desde aquí volvo despacio e xa moi cansado, pola falla de costume de andar en moto e disposto a descansar o mais posible, posto que ao día seguinte tocarame cambiar de illa, e para iso, moi de mañán, terei que coller dous autobuses locais diferentes, que despois de catro horas me van deixar no porto de Jagna, no suroeste de Bohol, do que saen os barcos que me levarán ao meu seguinte destino, a illa de Camiguín.
CAMIGUÍN
Camiguín é unha pequena illa volcánica, fermosa desde o mar e que promete unha estancia interesante.
Chegamos á tardiña e, polo menos eu, bastante canso, o que fai que non reciba con moito agrado a hora e media de espera no muelle para pasar a revisión de drogas das maletas por parte de cans policia, seguido pola obrigatoriedade de cubrir uns papeis das autoridades de turismo da illa e que só se poden cubrir vía internet...
Cando remata o circo, está facéndose de noite e queda andar ata o meu hotel, que supoñía mais preto do centro da illa e que me supón outra media hora de camiñata por un arcén, ás veces inexistente da estrada, que despois dun par de equivocacións me leva ao meu lugar de descanso na illa. Dada a hora e despois de tomar posesión da miña habitación, sinxela pero limpa, constato que non teño cerca ningún sitio onde cear, o que me obriga a rentar unha moto á propietaria do hostal para buscar un sitio onde encher a barriga e comprar viveres que me permitan facerme o almorzo polas mañáns as tres noites que vou pasar na illa.
Este primeiro día vou tratar de coñecer a illa que, polo que lein previamente ten unhas estradas en boas condicións.Pola estrada principal, que bordea toda a illa en dirección Norte, vou pasando por aldeas de pescadores con praias escasas de area negra, como corresponde cunha illa de orixe volcánico. E a miña primeira parada vai ser nun criadeiro de ostras xigantes de ata un metro de longo, que me permite comprobar a perfecta visibilidade da agua e de que as praias son bastante malas e pedregosas.
Tamén facerme consciente unha vez mais da mala cabeza que teño, que me fixo esquecerme da cámara submarina e polo tanto de non ter testimonio gráfico das ostras xigantes no seu entorno acuático.
Ese día coñecín a unha parella encantadora, Oriol e June, que levan de viaxe por Asia un par de meses e coa que vou coincidir varias veces mais ao longo da viaxe.
Pásome o día recorrendo a illa en moto, disfrutando da súa tranquilidade e dunha xente amigable e acolledora que saúda aos visitantes, e que a pesar da súa pobreza ten as casas ben arranxadas e rodeadas da beleza da illa. As estradas están ben conservadas e resulta enormemente agradable moverse polas pequenas estradas que saíndo da principal que rodea a illa, suben hacia o volcan que o preside todo. E que sempre se presenta á vista envolto nunha saba de nubes.
Teño ganas de coñecer a vida mariña desta illa, así que ao día seguinte, acércome ao porto de mariñeiros para buscar un transporte que me leve á illa coralina que hai enfrente de Camiguín: Mantigue Island. Despois de convencer a unha parella de xóvenes europeos para que compartan o coste do barco, pasarei toda a mañán disfrutando dos estupendos fondos e da vida mariña deste mar privilexiado.
O meu último día en Camiguín foi pasando lentamente, deixándome levar por las pequenas estradas que suben rodeando o volcán. De pronto aparece unha escola , unha cancha de tenis que vai a ser omnipresente nesta viaxe por Filipinas , pequenas casas con xardíns coidados con mimo, unhas piscinas de augas termais para relaxarse un rato, un cemiterio anegado polas aguas, un viacrucis de iconografía naif, e as neboas cargadas de choiva da parte mais alta da illa, onde as nubes están permanentemente atrapadas polo volcán e que me fan pasar un rato perigoso pero fermoso...
Camiguín queda no meu recordo como un lugar plácido e fermoso...
Coa vista cargada de bos recordos e co ánimo de seguir disfrutando, collo o barco que de volta me vai levar a Bohol.Á chegada, demasiado canso para esperar por un autobús que tan so me dexaría no cruce do pobo ao que me dirixo, decídome por rentar un tuk-tuk pola miña conta e tratar de chegar ao meu hotel á hora da comida.
Xa en Anda e despois de esperar un bo anaco para dispoñer do meu pequeno bungalow. Aseado e con fame diríxome ao centro do pobo, no que hai algúns restaurantes. Despois de xantar vou a coñecer a praia que dín que é das mellores da illa.
A praia é grande, de area fina e moi limpa, xa que conta cun servicio de limpeza comunitario que funciona moi ben.
Despois dun baño e dun descanso dou voltas por este pequeno pobo. Unha igrexa enorme na súa praza principal emite sin parar cánticos e música por uns grandes altoparlantes, que como verei e ouvirei non descansan nin de noite.Aquí entro en contacto por primeira vez con unha das obsesións dos filipinos, os galos...Para pelexas ou para demostrar que tes o mais fermoso diante dos teus veciños.
O día seguinte rento unha moto que me vai permitir visitar uns arrozais e unha fervenza que están a certa distancia do centro da vila e deixarme perder polas pequenas estradas que saen de Anda hacia o Norte.No teño que andar moito, xa que bordeando a costa a estrada asfaltada so ten uns poucos Kilómetros.
Despois de cear por última vez en Anda, dedícome a preguntar de onde saen os autobuses que me levarán de volta ao porto de Tagbilaran, a capital da illa. Non resulta facil. Algunha xente non sabe nada de inglés e outros non saben o horario dos autobuses. Ao final entérome que, en contra do que dín as guías que leín, hai autobuses que saen cada hora do centro da vila. Desde a estación de autobus rento un tuktuk cara ao peirao.
Chego cedo ao porto, con tempo de sobra para mercar o billete para Siquijor. O porto é grande, xa que de aquí saen varias liñas de barcos para diferentes illas, ademais dos mercantes que teñen amarres en outra zona do porto. Despois de algunhas voltas e de preguntar en varios sitios do porto, entérome de que o barco que eu quero coller ten a súa oficina fora do peirao, que está monopolizado por unha empresa xigante e bastante cara. Así que outra vez collo a miña maleta e saio do porto, esta vez bastante mais apurado de tempo. E despois de varias preguntas e equivocacións, atopo a oficina, merco o billete e saio pitando ao peirao para coller por fin o meu barco.
SIQUIJOR
A chegada a Siquijor é un pouco caótica. Despois de saír do porto, busco a pe o meu hostal. Non resulta facil, porque a pesares de que esta é a cidade capital da illa, doume conta despois de un rato de preguntar á xente, de que non reservei a miña habitación na zona turística, que está situada no outro extremo da illa. E que somentes utilizarei este sitio para durmir e mercar víveres. Así que, saio en busca dunha moto de alquiler e dun sitio para xantar. A moto solucionase rapidamente, porque ao lado do peirao hai varios negocios de renta de motos. A comida é mais dificultosa. Casi non atopo restaurantes, a maioría pechados e o que atopo aberto está valeiro e acabo comendo o que me dan, cunha agua do tempo, polo tanto quente, cunha temperatura no ambiente terrible e servido por unha señora que se pasa o pouco tempo que estiven comendo, mirándome fixamente. Desde logo non é a comida mais agradable que tiven na viaxe.
Xa pola tarde e gracias á miña moto vou recorrendo a rota da costa que me vai levar por praias fermosas, antiguas edificacións da colonia española, e algunha fervenza interesante. Xa de volta ao hostal a miña parada será na zona turística , chea de locais para comer e de xente branca a medio cocer polo sol tropical.
Á mañán seguinte érgome para buscar o xeito de chegar a unha pequena illa " Apo Island", que está un pouco lonxe , xa moi preto da illa de Negros, famosa por ter unha población grande de tartarugas mariñas. Buscando na rede e preguntando chego á conclusión de que a única forma de chegar e con unha excursión bastante cara organizada por un hotel de luxo da zona. A miña estancia en Siquijor vai durar dous días mais e ao chegar ao hotel dinme que so teñen organizada a excursión para o seguinte día e está completa. Ademais a seguinte saída será despois de tres días e eu xa non estarei aquí... Tócame poñer cara de decepción, rogar á encargada que me busque un sitio, que por favor revise si non hai ninguén que se botara atrás. Menos mal que se apiada de min e revisa as inscripcións. Queda unha praza para min...
Pago inmediatamente a inscripción...
O resto do día pasoo de praia en praia e recibo a alegría de saber que June e Oriol están na illa e que esta noite vou cear con eles.
Aínda me dá tempo a visitar unha árbore centenaria, sagrada para a xente de Siquijor que a pesares do catolicismo oficial aínda conserva restos das súas antigas creenzas animistas. Esta illa sigue tendo fama de bruxería e santería.
Non sei si as aguas da fonte que sae debaixo da árbore serán curativas como aseguran varios carteis, pero o que é seguro é que a árbore é enorme, preciosa e moi vella.
Como curiosidade contarei que un paisano na estrada de subida á árbore párame, pregúntame a onde vou e autoinvítase a vir na miña moto uns Kilómetros.
A mañán seguinte esperto e despois de almorzar o que merquei no mercado que está preto do hostal, saio hacia o hotel onde me espera un minibús que despois duns Km nos deixa no barco que nos levará a Apo Island.
A chegada á illa revela unha illa pequena, rochosa e con unhas casas que ocupan o pouco espacio chan que ten.
Para a miña sorpresa o hotel non só ten a exclusiva das viaxes aquí, senón que ademais usa en exclusiva a pequena pero preciosa praia que posúe a illa.
A experiéncia resulta ser unha marabilla. Nadar e bucear ao lado destes animais preciosos, que non semellan ter medo de nos é un privilexio. Non é a primeira vez que nado con tartarugas pero si é a primeira que nado con tantas xuntas...
Toca xantar. Como hai grupos e parellas formados previamente, me emparellan con unha rapaza china que non fala con ninguén e que apesta a diñeiro. Todo o que leva é de diseño. A miña impresión vese confirmada ao falar con ela. É filla de financieiros chineses de nacionalidade estadounidense e con vivenda en Singapur. A nena aburríase en casa e agora viaxa por Filipinas de hotel en hotel de luxo. Cando se canse voltará a Singapur ou a EEUU. Hai outros mundos pero están en este como dicía Paul Eluard...
Uns baños na praia privada e de volta a Siquijor, que a viaxe é longa.
Outra vez na illa toca cear cos meus amigos, o que me produce un gran pracer, porque a pesar de que case non nos coñecemos, e da diferencia de idade, resúltame moi doado conectar con eles. Na despedida acordamos voltar a conectar porque as nosas viaxes volverán a coincidir nuns días en Corón.
No traxecto de volta na moto, aínda me espera unha sorpresa. A policía, que resulta ser sempre do mais perigoso que atopei nas miñas viaxes, párame e pídeme o carnet internacional de tráfico. Non o levo conmigo e véxome obrigado despois de darlle todos os meus datos de ir ao meu hostal e voltar para mostrarllo. Unha hora de camiño de noite na moto... Ao final todo queda en nada, salvo o susto de pensar que pode pasar calquera cousa se dás con xente corrupta...
O meu derradeiro día na illa vouno pasar recorrendo estradas do interior que aínda non coñezo e buscando unha praia que ten fama de bo buceo con tubo. Despois de algunhas voltas e erros acabo nunha praia preto do hotel do día anterior nunha praia xestionada pola comunidade de pescadores da zona e na que cobran unhas moedas por bucear. Alí pasarei o resto da mañán e despois de xantar, parte da tarde, porque realmente ten unha cantidade importante de vida mariña, algunha tartaruga, serpes mariñas, moi velenosas, pero nada interesadas nos humanos e unha interesante variedade de peixes e corais.
So queda cear e volver ao hostal para empaquetar as miñas pertenencias, devolver a moto e prepararme para a longa viaxe en barco que me levará á illa de Cebú.
CEBÚ
O barco que me vai levar a Cebú City, a capital da illa, ten uns asentos bastante confortables e dúas modalidades: ou ir afora na cuberta superior, incómodo e pasando calor as 5 horas que dura a viaxe ou ir adentro, cómodo e morrendo de frío, e non é ningunha licencia poética. O aire acondicionado non creo que subira en ningún momento dos quince grados, así que toca poñer bolsas de plástico nos pes e toda a roupa que teño na mochila pequena, xa que en toda a viaxe non tes acceso á túa equipaxe. Chegamos a Cebú ao mediodía, así que toca comer algo, porque o autobús que me levará ao meu destino final en Moalboal chegará de noite e non sei si vou ter ocasión de volver a comer nada ata o día seguinte. O primeiro sitio que atopo é un local de comida rápida dunha cadea filipina que me vai proporcionar a comida mais asquerosa de toda a viaxe.
Despois do desastre culinario, collo un taxi con destino á estación de autobuses e o traxecto de bús de catro horas e media que me deixa de noite fechada en Moalboal. Aínda teño que pillar un tuktuk que me acerque ao meu hostal ao que chego morto de cansancio.
MOALBOAL
Como vai sendo habitual nesta viaxe, escollín mal a situación do meu hostal, aínda que é o sitio mais cómodo e limpo no que estiven ata agora, cun personal servicial e con motos de alquiler que coma sempre nesta viaxe, fanse imprescindibles, sobre todo si eres un desastre escollendo ubicacións.
Moalboal son dous lugares. Explícome, está o Moalboal filipino onde a xente do lugar fai a súa vida diaria, que creceu arredor da estrada que vertebra a illa de Norte a Sur. E despois está o Moalboal dos turistas, que creceu na rúa que sae transversalmente da principal ata o mar e que está chea de pequenos hoteis , restaurantes, tendas de buceo e pequenos comercios dedicados aos turistas, que coma min veñen a observar o espectáculo que a diario ten lugar na súa costa: Unha masa inmensa de centos de miles de pequenas sardiñas que atopan a súa comida no afloramento de placton que hai no barranco mariño que está a uns escasos 100m da ribeira deste pobo e que constitúen un dos mais marabillosos espectáculos naturais do mundo ao alcance de calquera persona.
Pola miña parte fixen dúas saidas de buceo con tubo. A primeira, esa mesma tarde do primeiro día e a segunda ao día seguinte moi de mañán, pois lera en algún sitio que é a mellor hora para contemplar ás sardiñas e podo asegurar que esto último é a mellor opción.
Tuven tamén a sorte de atopar os mais fermosos atardeceres que eu recordo as dúas primeiras tardes que ceei á beira do mar.
Ese mesmo segundo día pola tarde fun en busca de puntos de snorkell que aparecen nas guías e que resultaron pobres en vida mariña e nun caso concreto co coral totalmente roto e morto. Queda o consolo que cheguei á White beach, a praia dos lugareños, un areal fermoso, grande e interesante para ver o xeito de diversión dos filipinos, en xeral , xente amable e respectuosa.
Logo dunha cervexa e un marabilloso atardecer unha boa cea na cadea de pizzerìas de Filipinas que ten sucursais en tódolos sitios turísticos do país " Altrove Trattoría", caro para os estándares do pais pero con moi boa comida.
O meu derradeiro día en Moalboal vai ser estrano. Saio hacia o sur en busca dun sitio de snorkell que resulta un desastre e a media mañán o tempo complícase. Ademais vou en busca dunha fervenza famosa que non permite acceso porque a estrada de chegada está danada polas últimas choivas e que me fai dar un rodeo na moto de 50 Km. Última opción, un parque natural de montaña que a medida que vou subindo parece moi fermoso, pero que está pechado a tramos por obras que fan dificil a marcha e que chegados a certo punto do recorrido convértese nun camiño de terra que non parece moi seguro en scooter e coa amenaza de choiva enriba.
Toca despedirse do personal do Altheas birds nest Inn, que recomendo encarecidamente, tanto pola limpeza e tamaño dos cuartos, como pola amabilidade do personal. Como último dato direi que o dono do hotel ofreceuse a levarme pola mañán cedo no seu coche á parada do bus que me devolverá a Cebú.
Unha vez en Cebú voarei a Puerto Príncipe, a capital da illa de Palawan onde me encontrarei de novo con Agustín que xa leva uns días na illa despois de pasar o resto do tempo en Manila.
PALAWAN
A capital de Palawan, Puerto Príncipe, é unha cidade destartalada e bastante grande que posúe o único aeroporto grande e barato da illa. Así que a maioría de viaxeiros recalan nesta cidade como alternativa ao carísimo e pequeno aeroporto de El Nido, situado no Oeste da illa que é o destino preferente do turismo internacional que visita Palawan.
Agustín xa leva uns días visitando a illa e durme nunha habitación de hostal situada preto do centro.
Despois dunha tarde de reencontro e de contarnos as nosas pequena aventuras, á mañán seguinte saímos en busca da estación de autobuses situada nas aforas da cidade e na que subiremos nunha Van que nos vai levar, despois dunha viaxe cansada e ata certo punto perigosa, debido á agresiva maneira de conducir do noso conductor, a El Nido.
O primeiro, coma sempre, rentar unha moto e despois buscar o aloxamento que temos reservado.
Está claro que este é un dos emporios turísticos de Filipinas, precios caros e calidade ínfima. A cidade conta cunha bahía fermosa e que nalgún tempo debeu de ser unha marabilla. Hoxe a praia está suxa e ateigada de barcos para turistas e a rúa que está enriba do mar é unha ringleira de locais bastante cutres e anodinos dedicados a vender aos turistas o que se supón que estes queren: comida basura, roupa basura, ruido musical, tuktuks e todo o que se supón que os turistas consumimos.
Con todo, nos arredores da cidade segue habendo sitios perfectos porque o entorno kartstico é espectacular
Esta é a única noite que vamos pasar aquí. A mañán seguinte saimos na nosa moto cara ao norte en busca de praias limpas e precios axeitados.
A primeira noite pasarémola nunha pensión minúscula á beira da estrada que está limpa pero que carece de calquera comodidade moderna e que está lonxe de todo. Xa á mañán seguinte saímos hacia a praia de Nacpán onde recalaremos uns días...
Nacpán ten todo o que calquera viaxeiro espera do trópico, unha praia enorme e fermosa pegada a outra praia mais pequena e menos fotoxénica onde amarran os barcos os pescadores do lugar, algúns sitios para comer e tranquilidade para descansar , nadar ou simplemente ver pasar a vida.
Días perfectos de lectura, conversas, paseos polos arredores e baños nestes mares espléndidos.
Un solo pero: Hai que ter moito coidado con tumbarse á sombra debaixo das árbores. Eu no coñecía a existencia das moscas de area, enanas e famentas que pican sin que te enteres e que me deixaron o corpo cheo de picaduras que me amargaron un pouco a estadía ata que atopei remedio nunha farmacia local...
Un dos días da estadía en Nacpan adicámolo a facer un dos Island Hopings, que venden en El Nido e que me deixou un sabor agredoce, pola beleza dos lugares que visitamos e pola cantidade de xente e a sensación de ser unha ovella que se che queda...
A miña recomendación a calquera visitante destes lugares é que se busque un grupo pequeno co que rentar unha barca que te leve a onde ti queiras e con horarios que non coincidan co da maioría da xente...
Por certo, a comida da excursión do mellor do día. E o entorno que é extraordinario. O resto, o consabido, guía simpático repetindo as bromas estandar e o intento de cobrar propina por un servicio pagado previamente.
O derradeiro día da estancia con Agustín, pasámola recorrendo outras praias da zona e constatando que este país aínda está a medio explotar como destino turístico, xa que hacia o norte de El Nido hai praias magníficas sin acceso ou con acceso dificil.
O día seguinte Agustín seguirá cara ao Norte por un par de días e eu tomarei outro barco desde El Nido que me levará a Corón, onde me volverei a encontrar con Oriol e June que están procurando un grupo que nos permita facer un Island Hoping privado polos arredores de Corón.
CORÓN
Corón é un pobo mariñeiro de xente moi pobre que vive en casas mal feitas e suxas e que viven nun entorno fantástico. e tamén é un pobo turístico con múltiples hoteis e pensións e restaurantes para turistas.
Ao final non será un día de excursión , senon dous. Un para ver praias e sitios fermosos ademais de algo de snorkell e o seguinte mais centrado nos mellores lugares de buceo con tubo da zona.
Ao pillar viaxes por privado a perspectiva cambia absolutamente con respecto a El Nido. Vamos evitando os grupos grandes e nos decidimos o tempo que estamos en cada sitio. Ademais o grupo de españois que xuntamos é moi agradable. Un acerto absoluto.
Dous días de marabillosos lugares , boa compañía, relax e un snorkell extraordinario, sobre todo na zona de "Sete Pecados"
Un snorkell en corrente suave de case unha hora de duración con coral sano e en perfecto estado e con vida mariña variada.
Para os amantes da vida mariña, un regalo...
Ao chegar a Corón toca despedirse dos amigos antiguos e dos novos, unha cea rápida e á cama , que ao día seguinte toca erguerse cedo para voltar a El Nido.
Toca coller sitio nunha Van que me levará a Port Barton un pobo que está collendo fama entre os mochileiros que empezan a escaparse da excesiva mercanilización de El Nido.
PORT BARTON
Despois de 4 horas de camiño chegamos ao pobo e despois de atopar a miña residencia , un hostal sinxelo pero limpo e con personal agradable con solo tres habitacións , situado nas aforas do centro. Cando chego á praia, está facéndose de noite e o lugar desprende unha serenidade especial. Os turistas e os paisanos que están na praia , que está chea de locales turísticos fala en voz baixa e todo o mundo semella contento e tanquilo. Amor a primeira vista...
Serán tres días de relax, comida rica e barata e das cervexas ao lado do mar mais baratas da viaxe. Reservo un día para un Island hoping agradable, vendo lugares fermosos e con snorkell apreciable. Nada comparable a Corón pero pracenteiro.
Outro día pola mañán salgo andando moi cedo para coñecer a White Beach. Un paseo de unha hora e media bordeando a costa cara ao sur de Port Barton, para chegar a unha praia preciosa e solitaria que so compartín un rato cun grupo de Españois. No camiño outra praia apreciable, pero non tan fermosa ocupada por unha famlia de porcos...
froito do anacardo
Unha masaxe na praia, unha cea cunha parella que coñecín en Corón e empaquetar, porque mañán toca despedirse deste pobo encantador.
Pola mañán un derradeiro baño na praia, unha última masaxe co son das olas de fondo e comer algo antes da longa viaxe a Puerto Príncipe. Port Barton despídeme cunha tormenta tropical que fai que a estrada que me vai levar a Puerto Príncipe se convirta nun perigo durante dúas horas nas que a tromba de auga fai dificil moverse pola estrada estreita que saíndo de Port Barton nos levará á estrada principal de El Nido á capital de Palawan.
Á chegada, aeroporto e avión a Cebú e unha vez en Cebú en taxi a buscar o hotel que será o meu aloxamento por unha noite antes de coller o voo que me trasladará a Singapur.
O traxecto en taxi é unha aventura , xa que o taxista non coñece a zona e temos que parar varias veces a preguntar polo sitio. Como vai sendo habitual nesta viaxe escollín mal o sitio, porque a pesar de que está cerca do aeroporto, é un barrio moi deprimido, pobre, suxo e onde como verei mais tarde, un estranxeiro branco está fora de lugar.
Esto sírveme de recordatorio de que as cidades son sempre e en calquera lado do mundo o escenario da opulencia e da pobreza mais absoluta...
E sen embargo a xente sigue sendo amable e acolledora...
SINGAPUR
Chego a esta cidade- estado cunha certa prevención. sempre me neguei a visitar esta cidade polos seus precios, por ser un dos grandes centros mundiales da especulación e a enxenería financieira e pola sona dunha policía pouco tendente á cordialidade.
Despois deaterrar no seu moderno aeroporto e chegar ao centro desta cidade na súa moderna rede de metro, recalo nun hostel situado a medias entre o distrito financieiro e os barrios de casas- tenda coloniais. Como era de esperar, vou pagar aquí por unha cama nun dormitorio colectivo o doble ou triple do que nunha habitación individual en Filipinas. A comida tamén é cara, moi cara e unha cerveza prohibitiva. Pero atopo unha cidade relaxada, limpa, fermosa e na que se escolles comer nos barrios chinés ou árabe, o xantar sairá como en Madrid ou Barcelona...
Este patrón de casa colonial , que os emigrantes de múltiples nacionalidades construíron e habitaron e que agora mioritariamente se convertiron en pubs, restaurantes ou comercios modernos, repítense por toda a cidade e por tódolos portos antiguos de esta parte do mundo, Malaka, Penang en Malasia, Hoi An en Vietnam, etc.
Sempre tiñan a vivenda da familia enriba e oespacio comercial no baixo. No barrio chinés
No barrio Indio,
Ou no árabe
Con algúns exemplos arquitectónicos fermosos e cos seus templos no barrio, o que permite pasar ao viaxeiro dunha cultura a outra en menos de media hora..
A cidade tamén permite, sobre todo no barrio chinés, contemplar arte urbano decorando rúas e fachadas.
Outro dos activos da cidade é a cantidade e a calidade dos seus xardíns e espacios verdes que son herencia da teima do fundador da cidade pola conservación da natureza.
E mesturado con todo esto, un skyline futurista con algúns edificios modernos impresionantes que contrastan coas vivendas coloniais dos barrios mais antiguos para crear un entorno moi atractivo.
Lástima que todo este desenrolo, seguridade e riqueza esté flanqueado por un reximen político policial no que unha suposta democracia de partido único esconda unha oligarquía financieira moi dura coa discrepancia ideolóxica...
Despídome de Singapur cun bo sabor de boca, despois de cear cunha parella de español e Coreana que coñecera previamente en Moalboal e que viven actualmente aquí.
Desde aquí tres voos me separan de casa. Unha escala nunaeroporto do oriente medio e a outra en Madrid para chegar a Vigo moi canso pero satisfeito das experiencias vividas.